FOSA COMUN DE SESTAS




27/10/2017


Organizado pola  Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo, e colaboración do Concello de A Guarda  realizáronse dous actos  de homenaxe  aos fusilados en A Guarda durante a guerra de España. As 17:30 h.,  depositáronse unha coroa e caraveis na fosa común de Sestás,  e no Centro Cultural as 19 h.,  exposición e coloquio: Os consellos de guerra, a xustiza do revés, na que falaron Bernández Vázquez Acuña, e José Antonio Uris.
 
 Chegada dos xuvilados de CCOO
Esperando

Camiñando cara a fosa coún
Entrando ao cimiterio de Sestás
Francisco Carrera membro da executiva de CCOO de Vigo.
No cimiterio, Roberto Ucha (Tito) agradeceou a presenza neste acto dandolle a palabra o alcalde Antonio Lomba. De seguido falou Paco Carrera e Tito Ucha.
Francisco lembrou a necesidade de non perder a memoria, xa que perdemos parte da nosa vida, ademais unha parte da nosa biografía social, temos que aprender do pasado para encontrar as mellores solucións para solucionar os conflictos que hoxe nos agudizan.
Lembrou a Isaac Díaz Pardo e dixo que viviu a república cando era mozo que para el foi como unha explosión na que renaceu a cultura, a libertade que foi unha luz ante a miseria de unha España dominada polos caciques, curas e militares. Paco dixo que seguiremos loitando pola libertade e pola xustiza, temos que estar preparados para o conflicto.
Gracias por  lembrar aos que están aqui enterrados que perderon a vida por defender as súas ideas, construimos paso a paso e non podemos retroceder.

Valdino ca coroa.
Tito Ucha como Segredario dos Pensionistas de CCOO de Vigo fixo un repaso histórico dende a 1ª Guerra mundial, a depresión do ano 1929, a desfeita do capital, tecido industrial falta de postos de traballo, fame,...etc. O capital se transforma e nace o esperpento chamado Nacional Catolicismo que nos leva a guerra de España e a 2ª guerra mundial. Os que están enterrados aquí non morreron no fronte, foron presos polas ideas de liberdade e progreso, foron condeados a morte por un tribunal itinerante, militar e bendicido polo clero contra un sistema elixido democraticamente polo pobo que representaba a liberdade o acceso a cultura en definitiva a República. Os que estamos aquí somos antifascistas e temos medo de que o sistema fascista se repita en Europa. Co remate da 2ª guerra mundial morreu o fascismo. Rematou a súa intervención lembrando o aumento da ultra dereita, do nacionalismo e o neofascismo pondo como exemplo:
Front national (Frente Nacional) – Francia
Amanecer Dorado – Grecia

Alternative für Deutschland (Alternativa para Alemania) – Alemania

United Kingdom Independence Party (UKIP) - Reino Unido

Prawo i Sprawiedliwosc (Ley y Justicia) – Polonia

Freiheitliche Partei Österreichs (Partido de la Libertad de Austria) FPÖ – Austria

Partido de la Libertad, con el excéntrico Geert Wilders (Holanda).

Jobbik – Hungria

Derechos Puros - Croacia.

Cantando a Internacional
Asistentes no centro cultural de A Guarda


José Ant. Uris e Bernardo Vázquez
Bernardo rematou a súa exposición lembrando o arquivo militar nº 4 de Ferrol, afirmando que hoxe en día e moi dificil estudar a recuperación do acontecido na guerra de España. Con Zapatero todo era mais facil.

Fotos GMORAIS


20170414 Cimiterio de Sestás (ft gmorais)
O Presidente de Republicanos Miñotos lendo o manifestó.
(ft gmorais)
Alfonso depositando un caravel. (ft gmorais) 
 Unha emocionada Lucia xunto o restos de seus familiares. (ft gmorais)
Xosé Vicente depositando un caravel. (ft gmorais)
20160414 Praza da República en Camposancos Bº Pasaxe. (ft gmorais)


21 de marzo a 14 de abril do ano 2006
A Coodinadora de amigos da República do Baixo Miño fixo un traballo extraordinario, contou con un cartel de luxo.
 
Cartel facilitado por José Carlos González Blanco
Agasallos para entregar aos participantes nos actos republicanos.
XOVES 21 DE MARZO 
 NO CENTRO CULTURAL DE A GUARDA
A MULLER E A REPÚBLICA
As ponentes foron: Olga Alonso Suárez (UXT) e  Elena Rodríguez Giráldez (CCOO)
Na mesa José Carlos González Blanco e Tucho Hermida

VENRES 5/04/2006
NO CENTRO CULTURAL DE A GUARDA
REFLEXIÓN SOBRE A REPÚBLICA DO FUTURO

Os ponentes foron: Jesús Alonso Montero, académico, escritor , expresidente da R.A.G.
 José Carlos González Blanco fixo entrega dos agasallos.

DOMINGO 7/04/2006 MARCHA POLA REPÚBLICA
José Carlos González Blanco organizando a primeira marcha pola república.
Saída da camiñada dende a praza do Reló ata a praza da República. A participación foi cativa, marcando o ritmo Miguel e Ricardo.
SÁBADO 13/04/2006
CONCERTO CASA CULTURAL
Miguel Sobrino presentando os cantautores
Os cantautores foron: Fran Estévez, Tino Baz e Alberto Mvundi. No remate do concertó cantaron xuntos Grândola Vila Morena de Zeca Afonso.
Miguel entregando os agasallos
DOMINGO 14/04/2006
 HOMENAXE FLORAL NO CIMITERIO
Xuntanza na entrada do cimiterio de Sestás - Sangriña - A Guarda
Os asistentes entrando pola porta civil, acto ante o monumento da fosa común.
Falaron: Ricardo Rodríguez Vicente corresponsal de Faro de Vigo, Mª Asunción Vázquez Vicente (Chuni) pintora, poetisa, defensora dos animais , nada en A Guarda 22/01/1952 e Xosé Carlos Gómez Alfaro, escritor, nado en Sanín Ribadavia 10/02/1949 finou na Guarda 14/05/2008


INAGURACIÓN DA PRAZA DA REPÚBLICA
CAMPOSANCOS NO Bº DA PASAXE
Estivo amenizada polo grupo de gaitas OS PETÓNS dirixida polo mestre musical José Manuel Peniza.
José Carlos González Blanco e alcalde de A Guarda José Luis Riego retirando da escultura a bandeira republicana.Conchita Nogueira despois de haber depositado a coroa de loureiro. José Carlos entrega un agasallo a Ricardo Rodríguez.

Monumento de granito en Camposancos no Bº da Pasaxe
Despois de xantar no Hotel O Muiño José Carlos González Blanco fixo a entrega de un agasallo a  Margarita.
José Manuel Fernández extraballador de H.J. Barreras, Secretario Nacional de CCOO de Galicia, Concelleiro de Deportes e Normalización Lingüística de Vigo.
 Ricardo Rodríguez Vicente....

Montaxe e fotos: gmoraisxa




No hay comentarios:

Publicar un comentario