LEVADA LIBRE







VOLTA DA MOURA EN GUILLAREI

En Guillarei o vandalismo fascista, pintou e rompeu parte do monumento que homenaxea a os nove porriñeses e as súas viudas asesinados no ano 1936 (Guerra de España). Este monumento foi instalado no pasado mes de agosto pola asociación Levada Libre.



Asociación en constitución, para a recuperación e promoción da memoria radicada en Tui.
Nace a raiz da xuntanza que organizan cada 30 de outubro na alameda, para lembrar e recuperar a memoria dos veciños tudenses e da súa comarca que foron vilmente fusilados, paseados, reprimidos, represaliados e desterrados nos tristes acontecementos acaecidos na cidade de Tui no verán do 1936.
"Levada libre” fixo a súa presentación pública o día 9 de abril de 2008 e asinou os seguintes fins principais:
A liberdade das ideas e a súa defensa
A reconciliación nun fin común da Paz
A recuperación da memoria histórica
A defensa dos principios democráticos é o estado de dereito
Nun apartado do seu ideario, afirma que: “Levada libre mana con espírito curioso, lonxe dos encoros que pretendan deter o curso de seu caudal. En parte do seu regueiro descorren os feitos que acontenceron noutros tempos e constitúen a historia, os costumes e a cultura do pobo de Tui. Maila todo, o rego de Levada libre procura tamén o futuro, e con esta intención, avanza con forza abrindo novos carreiros polos que transiten as xeracións vindeiras facilitando que co tempo formen parte do seu caudal. E nunca, nunca, esquezan o que pasou, naquel xulio daquel maldito ano. Desde a Reconciliación e o perdón, as víctimas andarán con nós, cos nosos fillos, cos nosos netos…….”
Manuel Vázquez de la Cruz, Julián Bravo Jaso e Manuel Vicente Fernández Rodríguez
E-mail:

No hay comentarios:

Publicar un comentario